lunes, 6 de octubre de 2008

Parabéns

(artigo recuperado do vello blog, Escarapote)

A bordo do fermoso Nordesía, comandado polos xeniais capitáns Xosé María Gómez e Nicolás Vidal, o verán de 2006 supuxo para min un cambio de rumbo, unha viraxe na forma de ve-las cousas, sobre todo o xornalismo, bendito oficio. Por iso que o suplemento dominical de Diario de Ferrol chegue ós seus 500 números é para min motivo de gran ledicia. Parabéns, especialmente, para eles dous, apaixonados artífices destas románticas páxinas que dende os inicios do Diario son xa tan nosas. E parabéns do mesmo modo para todos os seus colaboradores, sabendo do esforzo e sacrificio que esixe unha publicación tan seria, rigurosa e de tanta calidade. Recordo que foron tres meses de traballo feito con enorme ilusión, de inmenso agarimo posto en cada palabra.

Con Nordesía descubrín, e creo que tamén todos os que formaron e forman parte del, a nosa particular illa paradisíaca, perdida nesa inmensidade de augas revoltas, de xornais e medios violados pola difusión e as audiencias. Que as augas do Ártabro sigan enchendo de ar as velas deste xigante bergantín chamado Nordesía e tripulado por sensibles e namorados mariñeiros. E que volvamos a atorparnos na súa proa. Abofé que será así.

0 comentarios:

Publicar un comentario